O candidato do PP ao Concello de Santiago enarbola a bandeira do 'antiturismo'

"Parece que queren converter todos os baixos da cidade en lavandarías, tendas de recordos e pisos vacacionais", afirmou apuntando ao goberno local.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2022 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Santiago de Compostela, Borja Verea, acusou á concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, de "rebaixar o nivel cultural e de programación artística" da capital galega. "É un tapón para o futuro de Compostela", dixo.

Estas declaracións do presidente dos populares composteláns producíronse en resposta á contestación de Rosón do pasado mércores ás críticas do líder da oposición sobre vivendas turísticas. "Verea ten un caos na cabeza bastante importante; posúe un grandísimo descoñecemento da política local", apuntou Rosón.

Por contra, Verea acusou a Rosón de cubrir as súas "carencias e limitacións" con "insultos e faltas de respecto", e destacou que o seu goberno "porá en marcha" unha estratexia turística e cultural "de excelencia". "Durante tres anos, nin prohibiron, nin ordenaron, nin fixeron nada, e agora a consecuencia é este caos, onde parece que queren converter todos os baixos da cidade en lavandarías, tendas de recordos e pisos vacacionais", afirmou o candidato popular compostelán.

Así mesmo, Verea tamén criticou a hibridación nos usos dos pisos proposta polo Concello: "Toda a cidade vai ser nos meses de xullo e agosto unha xigantesca planta hoteleira onde todos os pisos de Compostela poidan ser turísticos, xa só quédalles porlle nomee ao parque temático".

Por iso, o líder popular compostelán mostrouse "convencido" de que se o alcalde decide repetir como candidato, "non debe" contar con Rosón. "Toda a bagaxe política que lle coñecemos é que alí onde se presentou sempre perdeu, xa que non a quixeron nin os seus propios compañeiros", concluíu.

Borja Verea confirma que optará a liderar o PP de Santiago.. PP DE SANTIAGO
Borja Verea confirma que optará a liderar o PP de Santiago.. PP DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta