A CIG ve "totalmente insuficientes" as reformas para o E-Dixgal

Así mesmo, destacou que "chega mal", xa que, na súa opinión, "non resolve un do problemas provocados pola política de recortes do PP ao eliminar a gratuidade dos libros de texto".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2025 | Actualizada ás 20:52

Comparte esta noticia



A CIG considera "totalmente insuficientes" as reformas anunciadas este xoves pola Consellería de Educación para o programa de libro dixital E-Dixgal.

Nunha nota de prensa, o sindicato asegurou que as medidas chegan "moi tarde" e "arrastradas polas críticas das familias" cando, manifestou, "non actuou previamente tras recibir as críticas do profesorado".

Así mesmo, destacou que "chega mal", xa que, na súa opinión, "non resolve un do problemas provocados pola política de recortes do PP ao eliminar a gratuidade dos libros de texto".

Esa decisión, expuxo a CIG, "que provocaba que as familias con E-Dixgal non puidesen recibir axudas para compra libros de texto, non se corrixe como debería", posto que "limita a tres os libros de texto que entrarán no programa de pago pola Consellaría".

Ademais, a central nacionalista tamén criticou que nos últimos meses, desde que se anunciaron posibles cambios no proxecto, "en ningún momento houbo contacto coa representación do profesorado".

Nesta mesma liña, censurou que a Consellería "non contrasta" co profesorado o que anuncia como "estratexia de inclusión educativa" nun "autodenominado proceso de escoita activa" que, engadiu, "deixa sen escoitar ao profesorado".

Do mesmo xeito, a CIG lamentou que o conselleiro "non tomase nota de todos os fallos", así como que "non consta ningún tipo de estudo nin informe sobre o fracaso de modelo aplicado" do mesmo xeito que "das medidas concretas que puidesen porse en marcha".

Por todo iso, a área de Ensino da CIG demanda unha "rectificación plena na gratuidade dos libros de texto, tamén e na súa totalidade para quen teña E-Dixgal.

Doutra banda, esixe ao departamento autonómico que poña en común coa representación do profesorado calquera medida que pretenda aplicar tanto sobre este asunto como en cuestións relacionadas con outros ámbitos educativos.

Centro educativo adherido ao Proxecto E-DIXGAL
Centro educativo adherido ao Proxecto E-DIXGAL | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta