O PSdeG pide a Bugallo opte á reelección como alcalde de Santiago

O rexedor anunciará esta semana a súa decisión.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2022 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

A vicesecretaria xeral do PSdeG, Lara Méndez, confía en que o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, opte á reelección como candidato socialista nas eleccións municipais de maio de 2023. "Esperemos que así sexa e teremos garantido a unha persoa moi competente á fronte da capitalidade galega", afirmou.

Preguntada respecto diso nunha rolda de prensa celebrada desde a sede do PSdeG no Pino, en Santiago, a 'número dous' do partido desexou que Bugallo repita como cabeza de lista. O propio rexedor ten previsto anuncialo esta semana, antes de marchar de vacacións o mércores, 10 de agosto.

"Temos un gran alcalde na capitalidade de Galicia, un alcalde con moitísima solvencia que lle está dando unha volta a Santiago de Compostela nun mandato tremendamente complicado", aseverou Lara Méndez. E é que a tamén alcaldesa de Lugo lembrou como os gobernos locais viviron "dous anos de pandemia brutais" nos que se viron obrigados a "reorganizar" os recursos para "priorizar" a protección da cidadanía "desde o ámbito da saúde e o económico".

En definitiva, a vicesecretaria xeral do PSdeG considera que a xestión de Bugallo foi "non só de reorganizar estes recursos, senón de manter, como fixemos en moitos concellos, a axenda e folla de ruta para seguir transformando as cidades e seguir adaptándonos á nova realidade que estamos a vivir". Xosé Sánchez Bugallo xa tivo un primeiro período na Alcaldía de Santiago entre 1998 e 2011, e volveu acceder ao bastón de mando en 2019 ao ser a socialista a lista máis votadas nos comicios.

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, durante unha entrevista con Europa Press, no Palacio de Raxoi, sede do concello de Santiago, a 23 de maio de 2022 / César Arxina - Europa Press - Arquivo. / Europa Press
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, durante unha entrevista con Europa Press, no Palacio de Raxoi, sede do concello de Santiago, a 23 de maio de 2022 / César Arxina - Europa Press - Arquivo. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta