As choivas rexistradas este ano en Santiago caeron case á metade dos valores habituais

Xuño, con 20 días, foi o mes con máis xornadas con precipitacións e marzo, con 147,6 litros por metro cadrado, o que máis volume albergou.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/08/2022 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

Os sete primeiros meses de 2022 rexistraron --segundo os datos da estación meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller (Oarma) da USC-- precipitacións en Santiago por un valor de 508,7 litros por metro cadrado, un 54,7% da cantidade media para o mesmo período nas últimas décadas --1.800 litros por metro cadrado--.

Bandeira de Galicia coa Catedral de Santiago no fondo.. XUNTA - Arquivo
Bandeira de Galicia coa Catedral de Santiago no fondo.. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

En canto aos meses, marzo foi o mes con maior volume de precipitacións no que vai de ano, con 147 litros por metro cadrado divididos en 17 días.

O mes máis seco, e ao que principalmente se debe a seca actual, foi xullo --cinco días de choiva con precipitacións de 5,7 litros por metro cadrado--.

Os meses restantes apuntaron os seguintes datos: xaneiro, 12 días de precipitacións e volume de 64,1 litros por metro cadrado; febreiro, 13 días e 52 litros por metro cadrado; abril, 17 días e 115,4 litros por metro cadrado; maio, 10 días e 65,1 litros por metro cadrado, e xuño, 20 días --mes con maior número de xornadas con choiva-- e 57,9 litros por metro cadrado.

Por outra banda, destes 94 días de choivas rexistradas, inclúense 15 con precipitacións "case inapreciables", é dicir, inferiores a 0,1 litros por metro cadrado.

Para atopar exemplos de secas semellantes hai que remontarse ao 2011, de marzo a setembro, con 338,6 litros por metro cadrado en 84 días.

A estación meteorolóxica tamén recalcou un período semestral na capital galega en 1962. Ese ano, de maio a outubro, contabilizáronse unicamente 279 litros por metro cadrado en 34 datas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta