Aemet avanza chuvia e descenso de temperaturas a partir do domingo

Galicia rexistrará treboadas este mércores e o xoves, máis débiles e dispersas o venres, segundo Aemet.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 10/08/2022 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

Galicia rexistrará treboadas esta xornada e o xoves, máis débiles e dispersa o venres, segundo informaron a Europa Press desde a delegación da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) en Galicia.

En concreto, explicaron que se esperan treboadas "na maior parte de Galicia que, localmente, poden deixar precipitacións importantes". "Tamén mañá --polo xoves-- espéranse treboadas, en principio menos importantes e frecuentes, durante a tarde", precisaron. Para o venres prevese que sexan "aínda máis débiles e dispersas".

Ademais, indicaron que, de acordo coa previsión, as temperaturas nestes días tenderán a diminuír. Así, o venres, as máximas no interior estarán entre 30 e 35 graos, sobre 25 nas Rías Baixas e ao redor de 20 no litoral norte.

Para o fin de semana e os primeiros días da semana próxima, a predición, explican, é "menos fiable". No entanto, indican que se poden producir precipitacións a partir do domingo. Ademais, sinalan que seguen baixando as temperaturas, ata situarse ao redor de 30 graos no interior e sobre 25 na costa.

Respecto diso, apuntan que "durante os próximos días a situación parece cambiar respecto das semanas precedentes" xa que se esperan "algunhas precipitacións e as temperaturas diminúen apreciablemente".

Unha praia baleira durante a festividade de San Xoán, a 23 de xuño de 2021, na Coruña
Unha praia baleira durante a festividade de San Xoán, a 23 de xuño de 2021, na Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta