A inflación desbocada en Galicia: un punto por enriba de España e con cifras de 1984

Escala ao 11,5% en xullo. Só o IPC é máis acusado en Castela-A Mancha (13,2%), Castela e León (12%) e A Rioxa (11,7%).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2022 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) aumentou un 11,5% en Galicia en xullo en comparación co mesmo mes de 2021, segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) este venres.

Deste xeito, continúa coa escalada de prezos, posto que crece 0,4 puntos respecto de xuño, o repunte máis acusado do país. Así, Galicia anótase a súa maior inflación desde setembro de 1984 (tamén 11,5% por entón).

O dato galego é 0,7 puntos superior ao 10,8% que se rexistra na media española --tamén o seu nivel máis alto desde 1984--. Por comunidades, só o IPC é máis acusado en Castela-A Mancha (13,2%), Castela e León (12%) e A Rioxa (11,7%).

Por grupos, o que máis crece en Galicia no último ano é a vivenda --inclúe electricidade e combustibles-- (28,1%), seguida por transporte (15,9%) e alimentos e bebidas non alcohólicas (12,8%). Só descende o prezo de comunicacións (-2,2%).

Na media do que vai de ano, entre xaneiro e xullo, o aumento do índice xeral é do 6,5%, con transporte na cabeza do ascenso (13,3%). Na comparativa entre xullo e xuño, o maior repunte é o de vivenda (2,7%).

DATOS ESTATAIS

En España, o Índice de Prezos de Consumo (IPC) caeu un 0,3% en xullo en relación ao mes anterior, aínda que disparou a súa taxa interanual ata o 10,8%, o seu nivel máis alto desde setembro de 1984 e seis décimas por encima da rexistrada en xuño, segundo os datos definitivos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

IPC de Galicia. EPDATA
IPC de Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta