O Concello de Triacastela pide un "uso responsable da auga" e non descarta restricións pola seca

Súmase a outros concellos da provincia de Lugo onde o efecto da escaseza de chuvia xa ten consecuencias.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 16/08/2022 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

O Concello de Triacastela súmase a outros concellos da provincia de Lugo onde o efecto da seca xa ten as súas consecuencias, neste caso máis en forma de "recomendacións" que de restricións, aínda que non as descarta no futuro.

Unha billa de auga para consumo humano
Unha billa de auga para consumo humano | Fonte: Europa Press.

A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, puntualizou que "de momento" non se aplicaron restricións, aínda que precisou que "hai varias semanas enviaron un bando a todos os núcleos de poboación "para que se faga un uso responsable da auga, un uso baseándose nas recomendacións da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a recomendación que nos ten que dar o sentido común pola seca".

"Ata agora non fixemos ningunha restrición, aínda que non descartamos facelo proximamente para asegurar a subministración de auga nos próximos meses", apuntou.

COVA EIRÓS

Por outra banda, a rexedora tamén confirmou que xa comezaron as novas escavacións na Cova Eirós nas que participa a Universidade de Santiago de Compostela, con financiamento da Xunta.

Respecto diso, precisou que agora se está "con pequenos xacementos na contorna da cova para entender mellor o paleolítico no noroeste peninsular". "Temos grandes expectativas postas no xacemento de Cova Eirós", recoñeceu. En total, calcula, que son entre "seis e dez" os arqueólogos que participan na campaña deste ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta