Cursos gratis para que o alumnado se prepare para as probas das escolas de idiomas

Oferta da Xunta de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2024 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

A convocatoria para que os centros educativos de Galicia soliciten organizar cursos dirixidos á preparación das probas de escolas oficiais de idiomas continúa aberta. Son os cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (Cuale), que se imparten en inglés, francés, alemán e portugués. Neles poden participar estudantes de centros públicos integrados, institutos de Secundaria e centros integrados de FP.

A actividade é totalmente gratis para as familias e é impartida por profesores do propio centro. Existen catro modalidades en cada unha das linguas, correspondentes aos niveis A1, A2, B1 e B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.

Os centros que desexen ofertar os cursos deberán facer a correspondentes solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación á que se accede desde o Portal Educativo. Poderán solicitar a súa participación ata o 10 de xuño e os detalles da convocatoria poden consultarse no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Escola Oficial de Idiomas de Santiago, en Vite
Escola Oficial de Idiomas de Santiago, en Vite | Fonte: E.P.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta