Transportistas afirman que seguen traballando "a perdas" polo prezo do combustible

O Goberno central medita ampliar a bonificación de 20 céntimos por litro de carburante máis aló do 31 de decembro.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/08/2022 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

Transportistas afirman seguir traballando "a perdas" malia a baixada do prezo do combustible, segundo o presidente da asociación lucense AETRAM, Diego Arias, quen manifestou que a redución é "insuficiente", aínda que apostilou que está a dar ao sector "un respiro considerable esa redución de 20 céntimos nas últimas semanas e notámolo no peto".

Guitiriz. Quinto día de paro no transporte por estrada. Os piquetes cortaron a Autovía A6 en ambos os sentidos á altura de Guitiriz. Uns 200 transportistas formaron o piquete
Guitiriz. Quinto día de paro no transporte por estrada. Os piquetes cortaron a Autovía A6 en ambos os sentidos á altura de Guitiriz. Uns 200 transportistas formaron o piquete | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Ao fío diso, indicou que un camión "en ruta nacional consome unha media de cinco mil litros todos os meses, e cando pasaba o litro dos dous euros a factura do gasoil chegou a pasar dos dez mil euros".

"Con esta situación --de dous euros o litro-- o sector era inviable, e aínda agora, hoxe en Lugo o litro estaba a 1,84 euros". "Para nós o prezo non debería de pasar de 1,40 euros por litro de combustible", advertiu.

Diego Arias insistiu en que seguen traballando "a perdas" e "xa non só polo combustible, senón tamén a luz, en definitiva, que se multiplicaron os nosos gastos por tres".

Mentres, a ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, avanzou que "se podería alongar" a bonificación do Goberno de 20 céntimos por litro de carburante máis aló do 31 de decembro, e concretou que cando chegue esa data analizarán como está a funcionar a medida e decidirán se prorrogala ou reconvertela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta