Nova oposición a Policía Local en oito concellos de Galicia, pero só para promoción interna

A Xunta convoca 21 prazas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2022 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves a convocatoria de 21 prazas para a categoría de oficial de Policía Local en oito concellos galegos: Ribeira e Santiago de Compostela, na provincia da Coruña, e A Guarda, Cambados, Sanxenxo, Soutomaior, Vigo e Vilagarcía de Arousa, en Pontevedra.

O prazo para inscribirse nesta convocatoria comezará despois de que o anuncio sexa publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE) e permanecerá aberto durante 20 días hábiles a través da sede electrónica do Goberno galego. Das 21 prazas, 17 son de promoción interna e 4 por mobilidade.

Tal como informou a Xunta nun comunicado, unha vez superado o proceso de selección, os aspirantes admitidos formarán parte da promoción de mandos que se formará na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). A convocatoria establece os requisitos necesarios para poder inscribirse, entre os que se inclúen criterios como contar coa categoría de oficial noutros corpos da Policía Local da comunidade, estar en servizo activo ou ter un mínimo de tres anos neste corpo, entre outros.

Vehículo da Policía Local en imaxe de arquivo. CONCELLO DE TUI
Vehículo da Policía Local en imaxe de arquivo. CONCELLO DE TUI

EXAME

O proceso de promoción interna contará cunha primeira fase de concurso para avaliar os méritos alegados e xustificados, á que seguirá unha fase de oposición de tres probas: un test de 120 preguntas, a proba de avaliación de coñecemento de lingua galega e a resolución dun caso práctico do temario.

En cando ao proceso de mobilidade, realizarase por concurso segundo baremo de méritos desta convocatoria. O Executivo autonómico lembrou que esta convocatoria se suma á publicada a semana pasada para cubrir 78 prazas na categoría de Policía Local en 15 municipios galegos que delegaron na Agasp a selección mediante oposicións centralizadas e a formación dos seus axentes a través do convenio da Xunta coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta