Un estudo da USC permite analizar a "singular" formación do chan da necrópole da Lanzada

A análise pódese aplicar a casos forenses para saber se nalgunha zona se depositou un corpo en descomposición.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2022 | Actualizada ás 16:21

Comparte esta noticia

Unha investigación do grupo EcoPast da Universidade de Santiago de Compostela (USC) permite estudar e profundar no proceso de formación do 'necrosol', o "singular" tipo de chan existente na necrópole da Lanzada, no municipio do Grove.

O grupo investigador, formado por Zaira García López, Antonio Martínez Cortizas, Noemi Álvarez Fernández e Olalla López Costas, analizou o chan do camposanto situado no municipio de Sanxenxo para dar a coñecer as características do lugar e o "valor" que este tipo de chans ofrecen á investigación arqueolóxica, antropolóxica e edafológica.

Así mesmo, ao profundar nas transformacións que experimenta o chan polo contacto durante séculos cos ósos enterrados, a investigación permite aplicar os resultados a casos forenses para saber se nalgunha zona se depositou un corpo en descomposición ou describir os rituais de inhumación seguidos polos habitantes da Lanzada no século V.

Os resultados do estudo foron publicados pola revista 'Scientific Reports' co artigo 'Understanding Necrosol pedogenetical processes in post-Roman burials developed on dunes sands' (Comprender os procesos pedoxenéticos do Necrosol nos enterramentos posromanos desenvolvidos en áreas dunares).

Un estudo dun grupo de investigación da USC permite analizar a 'singular' formación do chan da necrópole da Lanzada (Pontevedra).. USC
Un estudo dun grupo de investigación da USC permite analizar a 'singular' formación do chan da necrópole da Lanzada (Pontevedra).. USC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta