Aviso amarelo na zona do Miño en Ourense e Pontevedra por altas temperaturas

Para este luns e martes, 22 e 23 de agosto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2022 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A zona do Miño nas provincias de Ourense e Pontevedra estarán este luns e martes, 22 e 23 de agosto, en aviso amarelo por altas temperaturas, segundo informa Meteogalicia. En concreto, na zona do Miño en Ourense espéranse temperaturas que superen os 36 graos en ambas as xornadas. A este aviso sumarase tamén o martes a comarca de Valdeorras.

Pola súa banda, a zona do Miño na provincia de Pontevedra estará en alerta por temperaturas que pasarán dos 34 graos en ambas as xornadas, segundo as previsións.

Meteogalicia informa de que comezará esta semana con tempo asollado xeneralizado en Galicia, salvo nubes baixas e néboas na metade norte e nalgúns vales do sur que tenderán a disiparse.

Día despexado con sol e moito calor durante o verán. XUNTA - Arquivo
Día despexado con sol e moito calor durante o verán. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta