Por Paisaxe Maltratada - Carlos Coto | Rianxo | 17/09/2014
Os que estudamos Arquitectura podemos mesmo atoparlle semellanzas coa Vila Shodhan, unha obra do mestre Le Corbusier na India, pero non é máis que unha estrutura de formigón abandonada pola chegada do declive do ladrillo.
Resulta patético, mesmo dá ganas de chorar, entrar nunha vila e ter este mamotreto como monumento de recibimento. Clama ao ceu.
As normas urbanísticas galegas dan ferramentas aos Alcaldes para non permitir estas aberracións, xa que as licenzas caducan, e é unha obriga do Alcalde instar aos propietarios a rematala ou proceder ao seu derrubamento.