Ciudadanos tenta resucitar en Galicia cun cambio de toda a súa dirección

Beatriz Pino deixa a coordinación galega que ocupará a lucense Olga Louzao.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2022 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

A luguesa Olga Louzao releva a Beatriz Pino como coordinadora de Ciudadnos en Galicia, que reorganiza os seus principais cargos directivos a nivel autonómico.

Louzao, que exerceu de portavoz en Galicia ata 2019, substitúe á candidata á Presidencia da Xunta nas últimas eleccións autonómicas, nas que o partido laranxa non logrou representación.

Pino despídese xunto aos principais membros do seu equipo que a acompañaron desde o seu nomeamento como coordinadora de Cs en setembro de 2020, dous meses despois dos comicios galegos.

A actual portavoz municipal lucense toma as rendas da formación laranxa en pleno arranque de ciclo electoral. Louzao asegura que este novo camiño "non cambiará nada" para ela e promete seguir "tendo a Lugo como prioridade".

Cs Galicia di estar a traballar desde "xa" para as eleccións municipais do próximo mes de maio co obxectivo de "chegar á cita con candidatos, equipos e programas capaces de atender ao interese xeral dos galegos".

Louzao di ser consciente de que o partido, a nivel estatal, non goza de boa saúde e recoñece que se trata de "un momento moi difícil para Cs. Por iso, o seu obxectivo é "conformar unha lista de candidatos que atractiva, que seduza, á cidadanía".

Xunto ao de Louzao, a dirección de Cs acordou tamén os nomeamentos de Manuel Moinelo como Secretario Delegado de Acción Institucional; de Eva Endress como Secretaria Delegada de Organización; de Juan Vidal como Secretario Delegado de Comunicación, e de Juan Insua como Secretario do Comité.

A portavoz de Cs no Concello de Lugo, Olga Louzao.. EUROPA PRESS - Arquivo
A portavoz de Cs no Concello de Lugo, Olga Louzao.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta