O dispositivo de incendios da Xunta no punto de mira: piden a Fiscalía que investigue o gran incendio do Barbanza

Consideran que houbo "moitas neglixencias" no lume que arrasou 2.200 hectáreas. Dous grandes incendios seguen activos en Porto do Son e no parque natural do Xurés.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2022 | Actualizada ás 22:32

Comparte esta noticia

Comuneiros da serra do Barbanza remitiron un escrito á Fiscalía de Medio Ambiente de Galicia para solicitar que abra unha investigación sobre o operativo do gran incendio forestal iniciado en Boiro o xoves 4 de agosto e que arrasou 2.200 hectáreas.

A demanda parte das comunidades de montes do Barbanza e da Mancomunidade Serra do Barbanza, que consideran que a forma na que foi xestionado o operativo anti incendios agravou as consecuencias dun lume que foi extinguido unha semana máis tarde da súa declaración na tarde do 4 de agosto na parroquia de Cures.

Así o manifestou en declaracións a Europa Press a vicepresidenta da Mancomunidade Serra do Barbanza, Lorena Muñiz, que incidiu en que o lume "foise das mans por completo" durante a xornada do venres 5 de agosto despois de estar "practicamente extinguido" horas antes.

A xuízo dos comuneiros da serra, o incendio foi "abandonado" e o forte vento do nordés que imperaba na zona durante esas xornadas provocou que as chamas se descontrolasen. "Cometéronse moitísimos erros, houbo moitísimas neglixencias", aseverou Lorena Muñiz.

Bombeiros traballan na extinción dun incendio iniciado en Boiro, a 6 de agosto de 2022, en Boiro, A Coruña / Europa Press / Europa Press
Bombeiros traballan na extinción dun incendio iniciado en Boiro, a 6 de agosto de 2022, en Boiro, A Coruña / Europa Press / Europa Press

TRASPARENCIA

O lume terminou por afectar a gran parte da serra do Barbanza e acabou alcanzado a parroquia de Xuño, no municipio de Porto do Son. Os comuneiros reclaman á Xunta transparencia e que dea a coñecer o plan de actuación das tarefas de extinción "desde o minuto cero".

Así, denuncian que entre o venres e o martes realizáronse contralumes "sen ningún tipo de control", algúns deles "inxustificados", e que a coordinación dos equipos despregados pola zona foi "caótica".

Lamentan que os técnicos da Administración autonómica non contasen coa opinión dos comuneiros como coñecedores do terreo e denuncian que non foron atendidas as chamadas realizadas aos teléfonos de coordinación.

Por todo iso, expresan a súa indignación ante un incendio que consideran que podería deterse na parroquia de Cures, onde se orixinou. "Se houbese algo de control non ardería toda a serra", aseverou Lorena Muñiz.

LUMES ESTE SÁBADO

Por outra banda, hai dous grandes lumes activos en Galicia. Así, o incendio forestal declarado na tarde do venres no municipio coruñés de Porto do Son permanece estabilizado desde as 19,15 horas deste sábado. Diso informou a Consellería do Medio Rural nun comunicado no que tamén apunta que o lume que desde o mércores queimou 560 hectáreas no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés continúa baixo control desde o mediodía deste sábado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Bieito de Sousa

Pois si , os bombeiros "forestais" son neglixentes por adicarse a defender os bens dos viciños comuneiros , defender as casas , os cubertos, os entornos rurais , cando non están formados para isto nen teñen os EPIs axeitados (sen equipos de respiración autónoma . . . ). Estes comuneiros que agora protestan teñen a leña apilada ao lado das casa , teñen mato até a mesmas parades de alboios . . . Pois sí , os Bombeiros forestais son neglixentes por non ser "forestais" , por facer xornadas bastante máis alá das 12 horas que teñen por convenio para rematar os traballos que comezaron, neglixentes por ir de voluntarios á extinción nas xornadas que teñen libres . . . Así que para a próxima , nada de adicarse a defender nucleos rurais , os bombeiros forestais traballar na extinción ao monte para que as hectareas forestais sexan menos, Que se fodan as casas dos viciños comuneiros, os alboios

1 San

Quién falou de bomberos?aquí falase da mala gestión do lume. Os bomberos brigadistas son uns pobres mandados. Teñen que esperar ordes para actuar. Órdenes que proveñen de agentes. Eu por desgraza tocoume vivilo. Vivir esa mala gestión da que se fala. Agentes e técnicos q no reposndn as chamadas. 085 contestabachen os da provincia de Pontevedra decindo que ese lume pertenece a Coruña que n lles corresponde a les. a agonía era terrible. Nn estou falando de rural estou falando de monte. Cuando despois de 2h aparecen os medios que andaban perdidos non sabían chegar Baixa o motobombista e di que está vacío o de pode encher o camión. E lo o agente que os acompaña nn ten un plano de onde están os puntos de agua. Quen e o responsable ou responsables desta mala gestión e actuación? Bomberos/as sen xantar, queimados por todas partes mientras e os agentes andaban o trompicallo entre les.

1 Gamela

Aínda ca Fiscalía é un instrumento de parte, igual ao ser presentada a reclamación contra a Xunta podería prosperar... E ogallá se abra unha investigación sobre os protocolos deste verán, que non só na Barbanza, levaron por diante máis de 300.000 Ha. en todo o Estado ! Pero se non estou equivocado esta queixa seguirá o camiño das reclamacións presentadas polas mortes nas Residencias de Maiores durante o Estado de Alarma de 6 meses que xa ninguén quere lembrar... Os incendios levan o mesmo camiño do esquecemento, semella que vivimos anestesiados !