Fin á folga de otorrinolaringoloxía no CHUS tras nove meses de paros no servizo

Sergas e sindicatos asinan un acordo cara o cal estes estarán "vixiantes".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2022 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

A dirección da área sanitaria de Santiago do Sergas e os representantes dos traballadores asinaron este mércores o acordo que pon fin a nove meses de paros no servizo de otorrinolaringoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Así o trasladou a federación de Sanidade de CCOO nun comunicado no que expresan que a firma do acordo "abre unha nova etapa" no servizo de ORL do Clínico co final dunha folga que arrincou en decembro de 2021.

O sindicato incidiu en que manterán "unha actitude vixiante" sobre o cumprimento do acordo e estende unha mensaxe de agradecemento á poboación da área compostelá "polo seu apoio, paciencia e comprensión" durante os meses de mobilización.

Neste sentido, Comisións remarca que "o único que moveu" aos traballadores foi a intención de prestar á cidadanía "un servizo de calidade, porque é o seu dereito".

CHUS, clínico de Santiago
CHUS, clínico de Santiago | Fonte: Sergas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta