Adega e o BNG levan os incumprimentos das eólicas ante a Comisión Europea

Denuncian a fragmentación irregular dos parques e a non ampliación da RN2000, entre outros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2022 | Actualizada ás 20:41

Comparte esta noticia

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, comprometeuse a realizar "un seguimento exhaustivo" das denuncias presentadas, este mércores, por Adega na Comisión Europea contra o incumprimento da normativa europea por parte dos grandes proxectos eólicos en Galicia.

"É unha gravidade o espolio eólico que se está producindo en Galicia por parte do goberno galego e estatal, que permiten a vulneración das directivas comunitarias" resaltou Miranda. Desta forma, sinalou a necesidade de ter en conta os intereses das persoas afectadas.

Nun comunicado, o BNG remarcou, que Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, na reunión da mañá deste mércores con Miranda e unha delegación de Adega, comprometeuse " a estudar" as denuncias ante a "posible incorrecta" transposición das lexislacións da UE e as infraccións de carácter estrutural.

Miranda sinalou que "a normativa europea é obrigatorio cumprila tanto para Galicia como para Estado e desde o Parlamento Europeo e a Comisión de Peticións farase un seguimento da análise que faga a Comisión". Desta forma, a portavoz de Adega, Belén Rodríguez destacou que a súa visita a Bruxelas é con "esperanza a que a CE poña freo á invasión eólica".

Así mesmo, cualificou este feito como unha "invasión ambiental" xa que afecta a espazos que están propostos para incluír na Rede Natura. Así, Rodríguez lembrou que "hai sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de que se está incumprindo as normativas relativas á participación publica e información".

Bandeira da UE fronte á sede da Comisión Europea. COMISIÓN EUROPEA - Arquivo
Bandeira da UE fronte á sede da Comisión Europea. COMISIÓN EUROPEA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta