SOS Sanidade considera un "éxito" a recollida de firmas da Iniciativa Lexislativa Popular 'Salvar a Atención Primaria'

Buscan que o Parlamento de Galicia debata e aprobe unha serie de medidas urxentes para abordar a situación que enfronta a Atención Primaria galega.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/09/2022 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

A Plataforma SOS Sanidade Pública cualificou de "éxito" o inicio da recollida de firmas para a Iniciativa Lexislativa Popular 'Salvar a Atención Primaria', coa que buscan que o Parlamento de Galicia debata e aprobe unha serie de medidas urxentes para abordar a situación que enfronta a Atención Primaria galega.

SOS Sanidade Pública recolle firmas en toda Galicia ante o 'estado de urxencia' da Atención Primaria
SOS Sanidade Pública recolle firmas en toda Galicia ante o 'estado de urxencia' da Atención Primaria

A pesar de que a campaña se iniciou no verán, explican que "a resposta cidadá está a ser impresionante", con colas para asinar nas numerosas mesas instaladas ás portas dos centros de saúde, prazas, feiras e outros lugares das diferentes localidades.

Nalgúns casos, detallan, contaron co apoio das Plataformas locais para a defensa da sanidade pública, líderes sociais, políticos, sindicais, organizacións de pacientes e concellos.

A campaña, que durará ata novembro, reactivarase a partir de setembro acompañada por novas concentracións, manifestacións, actos informativos e debates sociais.

A plataforma aproveita tamén para facer un chamamento ás organizacións profesionais que integran a Atención Primaria, colectivos cidadáns, organizacións de pacientes, federacións veciñais e calquera colectivo interesado en defender e fortalecer a Primaria, "en proceso de desmantelamento pola Xunta".

"É esencial continuar e incrementar a mobilización para facer chegar á Consellería de Sanidade e ao Sergas a esixencia de recuperar as prazas recortadas, incorporar novas categorías profesionais nos equipos, reabrir centros e PAC, recuperar as consultas presenciais, acabar coas litas de espera e renovar as actividades con pacientes crónicos", entre outros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta