Ollos que non ven

Vendo esta fotografía da Arzúa (A Coruña), no Camiño de Santiago cara a Melide, dá a impresión de que os seus artífices pretenden enganar á Administración, ben sexa ao Concello, ben sexa a Estradas de Galicia.

Por Paisaxe Maltratada - Carlos Coto | Rianxo | 24/09/2014

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

Exemplo de Paisaxe Maltratada en Arzúa
Exemplo de Paisaxe Maltratada en Arzúa | Fonte: Foto: Carlos Coto

Pásalle por "Rehabilitación" para poder manter a liña e non ter que recuar unha chea de metros para dentro da leira, pero en realidade de Rehabilitación tenche ben pouco. Atrévome a adiviñar que ata a propia fachada que aínda fica en pé, será botada abaixo.

O que sí parece tamén certo é que se os responsables públicos son quen de mirar para outro lado cando pasan por diante, ¿para qué queremos responsables públicos?

Chegados a este intre, o correcto sería botar abaixo a estrutura e deixar a fachada para que sirva de exemplo para outros defraudadores.


Carlos Coto

Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto.

Todos os artigos de Carlos Coto aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos Coto Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente diretor da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto. Facebook