Piden un mausoleo para Manuel Murguía soterrado nunha "campa descuidada" na Coruña

Máis dun cento de xuristas, empresarios, xornalistas, funcionarios, avogados ou maxistrados pídenlle ao Concello da Coruña, deputación e Xunta que actúen.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 13/09/2022 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

O 1º de febreiro de 1923 falecía Manuel Martínez Murguía, unha figura clave do

Campa de Manuel Murguía, na Coruña
Campa de Manuel Murguía, na Coruña | Fonte: Galipedia

rexurdimento na reconstrución da identidade de Galicia. Sobre os seus traballos de

investigación histórica e propostas para o autogoberno edificouse o pensamento político

de Galicia que outros do seu tempo e posteriores haberían completar.

Por iso, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística no marco das actividades anuais que desenvolve arredor da convocatoria do Día da Restauración da Memoria Lingüística solicitou do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e Xunta de Galicia que, co gallo do centenario do pasamento do fundador do pensamento

galeguista, que terá lugar o vindeiro día 23 de febreiro de 2023, se constrúa sobre a

tumba de Manuel Murguía "un mausoleo digno e acorde coa figura senlleira que alí xace".

 

Máis dun cento de xuristas, empresarios, xornalistas, funcionarios, avogados ou maxistrados, entre outros, asinan esta petición que para esta asociación supopón "un exercicio modélico de restauración da memoria  lingüística". Actualmente, a súa campa no Cemiterio de San Amaro da Coruña, cunha fasquía descoidada, identifícase cunha simple cruz de mármore e unha inscrición en castelán que lle puxeron os seus fillos.

 

A poucos metros dese sartego levántanse varios mausoleos de arquitectura solemne, entre eles o de don Manuel Lugrís Freire, que fora tamén presidente da Real Academia Galega. Precisamente, Murguía foi inspirador da creación da Real Academia Galega e, unha vez constituída, presidíuna durante varios anos.

 

"Dí o dicionario que restaurar é poñer unha cousa no estado ou estimación que tiña antes. Ese foi o gran labor de Murguía: devolverlle a Galicia a identidade que fora perdendo polos avatares da historia. Grazas a súa teimosía, a súa muller, Rosalía de Castro, converteuse en mito que encarna as esencias identitarias da nación galega", apunta o impulsor da proposta, o lingüista Xosé González.

Acutalmente, o Concello da Coruña é o dono da tumba de Murguía por doazón testamentaria que ao seu favor realizou Gala, a única filla que sobreviviu. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Que menos! Todo o demais é desleixo e traiçom.