A Amtega presenta unha nova guía de boas prácticas para a liberación de contido e software este martes

Detallan ademais que a nova guía que se presenta foi creada pensando non tanto para o seu uso interno, como para o público en xeral.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2022 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) presentará a nova guía de boas prácticas para a liberación de contidos e software o próximo 20 de setembro, nun acto público e aberto que terá lugar no GaiasTehc.

Tal e como explican nun comunicado, en 2014 a Xunta presentou dous guías de boas prácticas para a liberación de contidos. "Esta iniciativa foi pioneira no seu momento, como aposta pola difusión e fomento do software libre por parte dunha Administración pública", destacan.

Detallan ademais que a nova guía que se presenta foi creada pensando non tanto para o seu uso interno, como para o público en xeral. É por isto que lla deu un estilo máis didáctico, "tratando de achegar os contidos dunha forma e cunha linguaxe máis cotiá".

Indican ademais que a creación deste tipo de guías atendía a unha necesidade detectada: "a de poder contar con documentación en galego sobre os aspectos a ter en conta para publicar contidos baixo licenzas libres, e tamén sobre o proceso de publicar un proxecto software como software libre".

A guía comeza cunha introdución á propiedade intelectual e as normativas que a regulan. Explícase o concepto de licenza de uso, que tipos de licenzas hai no campo do software libre, que implicacións ten apostar por un tipo ou por outras ou as compatibilidades e incompatibilidades que hai entre elas.

Tamén aborda os pasos a seguir e os aspectos a ter en conta para publicar contidos con licenzas libres e tamén como publicar un proxecto software baixo unha licenza destas características.

A directora xeral da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, comparece na Comisión de Economía do Parlamento galego. XOÁN CRESPO
A directora xeral da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, comparece na Comisión de Economía do Parlamento galego. XOÁN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta