Anuncian protestas ante Mercadona por "manter artificialmente baixos" os prezos do leite

A postura da compañía valenciana "pode contaxiar o resto das superficies comerciais", denuncia Unións Agrarias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2022 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

Unións Agrarias anunciou que organizará mobilizacións ante os centros da cadea de supermercados Mercadona en protesta pola política comercial da compañía "para manter artificialmente baixos" os prezos do leite. Nun comunicado remitido aos medios este mércores, Unións acusou a empresa valenciana de "condicionar" as negociacións dos novos contratos de aprovisionamento.

A organización agraria, que lembra que Mercadona ten "o 30% do mercado lácteo español", considera que a compañía de supermercados mantén "conxelados" os prezos do leite para facer deste un "produto reclamo". Neste sentido, incidiu en que se trata dunha estratexia "artificial" porque as explotacións lácteas deben facer fronte a subidas dos custos, con aumentos de case o 70% na factura eléctrica ou un 39% en alimentación do gando no último ano.

Así as cousas, subliñou que Mercadona mantén prezos mentres outras cadeas repercutiron xa este incremento de custos no prezo do cartón, algo co que, segundo Unións Agrarias, pretende "mellorar a súa conta de resultados". Para a organización agraria, a postura da compañía valenciana "pode contaxiar o resto das superficies comerciais" ao caer na venda a perdas dun produto que se emprega como "gancho" nos supermercados "para enganar o consumidor con promocións trucadas".

Varias vacas leiteiras pastorean na granxa Casa Grande de Xanceda. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Varias vacas leiteiras pastorean na granxa Casa Grande de Xanceda. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta