Faro acusa a Lores de represarias por criticalo

Pontevedra retira a Faro de Vigo a publicidade por publicar a ausencia do alcalde do BNG dunha reunión clave para o Porto. Lores preferiu viaxar a Torrevieja a uns relatorios da DGT.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 03/10/2014 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

"El Concello toma represalias contra FARO molesto por su línea informativa", así titula a edición pontevedra de Faro de Vigo unha información moi dura contra o alcalde. O diario decano da prensa española acusa a Miguel Anxo Fernández Lores de cancelar "toda relación comercial" en represaria por ter informado da ausencia do mandatario do BNG do Consello de Administración do Porto e de, en cambio, viaxar a Torrevieja a unhas xornadas de Dirección General de Tráfico (DGT).

Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria
Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, nun Día da Patria

GC solcitou ao Concello de Pontevedra a súa versión dos feitos para incluíla nesta información, pero até o de agora non recibiu ningunha resposta dende o municipio.

Pola súa banda, Faro detalla polo miúdo a suposta chantaxe do alcalde ao medio de comunicación:

El pasado lunes el alcalde Fernández Lores por medio de su jefe de gabinete comunicaba telefónicamente a FARO que el Concello de Pontevedra suspendía un acuerdo comercial pendiente tan solo de firma y descartaba asumir cualquier otro, por la línea informativa del diario. 48 horas después, ayer miércoles, la represalia fue formalizada personalmente a la gerencia del diario en el transcurso de una reunión que estaba convocada con anterioridad. En estos términos: el gobierno de Lores da por roto todo vínculo con FARO molesto por las informaciones publicadas, y así seguiría mientras se mantenga la misma línea informativa.

El citado jefe de gabinete, Antón Prieto, en un escrito posterior enviado a la gerencia del periódico, reitera que la relación entre el Concello y el diario se rompía. "Por razóns alleas á nosa vontade, vémonos na necesidade de suspender até outro momento a campaña "Pontevedra paso a paso", que estaba a piques de iniciar a súa andaina na edición local de Pontevedra de Faro de Vigo", se puede leer en la comunicación enviada por el hombre de confianza de Fernández Lores, y en la que agrega: "Ogallá poidamos retomar axiña a nosa colaboración, que agardo sexa longa e froitífera".

A denuncia pública de Faro é excepcional. Os grandes medios en Galicia case sempre evitan que os seus lectores poidan albiscar até que punto os seus dependen en gran medida dos cartos que reciben das administracións públicas, o que condiciona loxicamente as súas liñas editoriais.

O enfado de Faro con Lores, máis alá da cancelación da campaña "Pontevedra paso a Paso",  tamén é produto de ciumes empresariais . En anteriores ocasións o goberno local pagou caderniños centrais de carácter propagandístico no seu gran rival, La Voz de Galicia.

Iso malia que Lores pertence a unha fronte nacionalista, o BNG, quen en reiteradas ocasións ten relacionado o seu retroceso electoral coas informacións publicadas na Voz. 

En todo caso, o PP local está tentando sacar partido desta polémica, criticando a Lores por ser incapaz de dar unha resposta coherente a súa ausencia do Consello de Administración no que se votaba como responder a unha sentencia que obriga a derrubar unha parte do peirao, ao que traballan centos de persoas.

O alcalde alegou que tentou delegar o seu voto nun concelleiro, pero que o Porto lle dixo que non foi posíbel. Aos conservadores parécelles demasiado inocente que Lores, con varios lustros no Concello, non soubese que non podía delegar o voto. Pola súa banda, La Voz salienta que Lores defende a "transcedencia" da súa viaxe a Torrevieja, logrando que a directora xeral de Tráfico vaia visitar a capital do Lérez. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

12 Mercame_un_xornal

Pódese decir ou non que os medios están vendidos? Porque nesta nova, atópanse moitas cousiñas ( e non do BNG propiamente) que feden. Con só ollar como se poñen no Faro cando non lles dan cartos, pode verse o por qué cando dan noticias do BNG póñenos de terroristas para arriba, sabemos que os do PPsoe de cartos non teñen falla, será por iso que fan e desfan neste país sen que ninguén lles poña límite?

11 Black Card's

Pois si que desvían a nova da semana 4 conselheiros de IU e 6 de CCOO en Caja Madrid usaban black cards. Namentres no pazo da Generalidat de Barcelona 900 alcaldes coresban ao unísono INDEPENCENCIA. Pêro GC está mais por sacar palla do Lores que ver a viga no ollo próprio.

10 Mercenarios subliminais

Xa andan os ajetes facendo de lacaios da dereita franquista expañolista, coma na falsa transición e nos pactos da Moncloa e sucesivos. Coa nova lei de alcalde o do partido mais votado, a campaña a quén verdadeiramente beneficia é ao PP. Porque fai falla estar ben alucinado, para pensar que os mareados podan chegar a ser os mais votados. Outra vez os dos falsos ERE,s dando leccións de moralidade.

1 Iu=Bng

Upg=Pce. E ti de quen ves sendo?

9 Nova Orde Mundial

Home, Rodolfo Benito, Maria Jesús Paredes, Juan José Azcona e Moral Santin de Izquierda Unida e Comisiones se corrompían no caso Bankia. E faciano por diñeiro, vaiaxes, detas e regalos. Azcona por exemplo, delega en Blesa (o home de Aznar no saqueo da banca) aludindo que estaba de vacacións en Birmania. Lores ten fallos, pero fai falla ser ben autista, para non decatarse de que aquí se agacha un ataque a destallo por parte de todo o vendido españolismo, par vos útiles e cipaios ajetes, contra o soberanismo. Como se amosou nos procesos soberanistas de Escocia e Catalunya, nada lles gosta menos as oligarquías mafiosas que verdadeiramente gobernan o mundo, que novos estados. Quizais porque terían que molestarse en comprar novos gobernantes e novos povos que arruinar.

1 Iu=Bng

Non teñen que compralos, os do BNG xa se venderon hai moito tempo: Quintana, Blanco, Bazarra, Clara Millán, Lores... Cada ovella coa súa parella: Jacinto Rey, Dorribo, Vendex, Lence, Tojeiro, Gayoso, Ence, Martinez Nuñez... Sobran parellas, daquela algún ilustre bailaba con varias. E mentres os de IU trincaban lindamente. Non hai por onde coller as marcas brancas da UPG e PCE, nonhai disculpa posible. O de "y tu más" é para os inocentes. Xa coñecemos os raposos: a cazar! E os taparrabos ide facer de corpo, tantos mantidos e tan gordiños xa abonda!

8 Vitor Bouzas

O Bloque de dereitas, por obra e graza dos liberados e mantidos da UPG, fai propaganda na prensa do réxime para que falen ben do alcalde eterno e vitalicio Lores. Igual que con La Voz de su amo. Xa o fixo no bipartito, incapaces de facer convocatorias plurais, transparentes e medibles sobre a publicidade institucional. Nada novo, así é como actúan na Deputación de Lugo, igual que en concellos menores. Con este BNG segue o clientelismo, os cheques corren, hai portas xiratorias (Quintana con San José, Bazarra con Dorribo...), os promotores da tauromaquia cadran contas, os expoliadores seguen tan anchos e os galegos somos os paganos. Os intereses da casta non coinciden cos do povo: hai que botalos!!!

1 Hola servo do Beneguai

Canto che pagan por tapar as vergoñas do teu amo? Cres que usando o castelán es superior, dache autoridade ou disimulas? Ficaches sen argumentario e facendo ruido pensas que calarás as críticas ao sistema de mantidos que defende o Beneguai? Canta miseria humana nos que ían de salvapatrias!!!

2 Ola loquito

Te tomastes la pastillita