Encontrado o primeiro manuscrito de Camilo José Cela datado en 1936

O achado foi realizado catedrático de Literatura Española da Universitat de Barcelona (UB) Adolfo Sotelo. Trátase dun caderno de 17 por 21 centímetros en formato apaisado que reúne doce poemas escritos a máquina.

Por Europa Press / Redacción | BARCELONA | 28/09/2022 | Actualizada ás 16:17

Comparte esta noticia

O catedrático de Literatura Española da Universitat de Barcelona (UB) Adolfo Sotelo localizou o primeiro manuscrito do escritor Camilo José Cela (1916-2002), datado en 1936.

Trátase do poemario 'Pisando la dudosa luz del día: Poemas de una adolescencia cruel', escrito polo autor entre o 1 e 11 de novembro de 1936 por mor da morte da súa noiva nos bombardeos do primeiro gran asedio das tropas franquistas en Madrid, ás que posteriormente se alistou, informou a universidade nun comunicado este mércores.

Trátase dun caderno de 17 por 21 centímetros en formato apaisado que reúne doce poemas escritos a máquina así como anotacións e unha dedicatoria escritas a man polo autor, cuxa obra estivo influenciada polas de Rafael Alberti, Vicente Aleixandre e Pablo Neruda.

O catedrático de Literatura Española da Universitat de Barcelona (UB) Adolfo Sotelo. UNIVERSITAT DE BARCELONA
O catedrático de Literatura Española da Universitat de Barcelona (UB) Adolfo Sotelo. UNIVERSITAT DE BARCELONA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta