Deteñen unha muller en Santiago que atacou cunha arma branca á empregada dun bar

A presunta agresora foi localizada e detida na Avenida de Vilagarcía e investígana por un delito de lesións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2022 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

Unha muller foi detida por causar lesións con arma branca, que requiriron varios puntos de sutura, a outra moza que traballa nun bar do Ensanche en Santiago de Compostela.

Fontes da Policía Nacional consultadas por Europa Press confirmaron que os feitos se produciron sobre as 23,45 horas deste martes, tras recibir un aviso de que na zona da Praza de Vigo había unha pelexa con varias persoas implicadas, das que unha supostamente levaba unha arma branca.

Ao chegar, os efectivos policiais comprobaron que había unha muller que presentaba varias feridas e sangraba por unha perna. A presunta agresora foi localizada e detida na Avenida de Vilagarcía e investígana por un delito de lesións.

As testemuñas, segundo as fontes consultadas por Europa Press, corroboran a versión da vítima, que foi atendida no Hospital Clínico, onde foi trasladada nunha ambulancia. As súas feridas requiriron varios puntos de sutura.

A muller ferida é empregada dun local do ensanche, en cuxo exterior se atopaba, mentres que a suposta agresora, segundo as fontes consultadas por Europa Press, tamén traballara no local.

Un coche da Policía Nacional
Un coche da Policía Nacional | Fonte: Policía Nacional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta