A Unión Europea vai axudar a Galicia a combater o cambio climático

Seleccionou á nosa Comunidade para formar parte da Misión de Adaptación ao Cambio Climático

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2022 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A Unión Europea (UE) seleccionou a Galicia para formar parte da Misión de Adaptación ao Cambio Climático, unha iniciativa cuxo obxectivo é apoiar ás comunidades para acelerar a súa transformación cara á resiliencia climática, prestándolles axuda para comprender, prepararse e xestionar mellor os riscos introducidos por este fenómeno.

A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, destacou que con esta adhesión, Galicia terá a oportunidade de situarse "á vangarda" para combater o cambio climático compartindo experiencias e aproveitando sinerxías xunto con outras rexións.

Ademais, a Comunidade ratifica o seu compromiso de apostar pola neutralidade climática e impulsar os esforzos de adaptación a través da participación dos cidadáns no proceso de toma de decisións e mediante o estímulo de investimentos públicos e privados.

Nesa liña, segundo lembrou Anxos Vázquez, o Goberno galego mantén "unha firme aposta" por unha Galicia "neutra, verde e resiliente". Así o evidencia, remarcou, o feito de que a Consellería de Medio Ambiente conte cun departamento específico para abordar todas as cuestións relativas a esta materia.

A conselleira tamén destacou que actualmente está en fase de elaboración a Lei galega do clima, unha norma, prevista para o próximo ano, que fixará que todas as políticas, estratexias, plans de acción e regulacións que se impulsen desde o Goberno galego deberán ponderar os seus efectos sobre este fenómeno mundial.

Deste xeito, as medidas e accións que se deseñen e desenvolvan en Galicia defenderán os principios de precaución e de responsabilidade ambiental, de maneira que se prioricen as posturas de protección; sustentabilidade; e os de dilixencia ambiental.

Investigadores de Galicia, Madrid e Reino Unido crean unha ferramenta que predí a adaptación da biodiversidade ao cambio climático.. DUVI-UVIGO
Investigadores de Galicia, Madrid e Reino Unido crean unha ferramenta que predí a adaptación da biodiversidade ao cambio climático.. DUVI-UVIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta