Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2022 | Actualizada ás 18:46
Unha muller faleceu ao caer ao río Almofrei o coche no que viaxaba no municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Ademais, este sinistro súmase a outro accidente mortal en Santiago de Compostela, por un atropelo, e unha persoa que perdeu a vida ao caer dunha bicicleta en Carballeda de Valdeorras.
A Central de Emerxencias 112 adianta que a muller que perdeu a vida polo vehículo que caeu ao río Almofrei sufriu o sinistro no vehículo, que non conducía ela, na PO-235, no quilómetro 1. Doutra banda, as forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias da morte dunha persoa que caeu, posiblemente dunha bibicleta, nunha zona de monte de Pumares, en Carballeda de Valdeorras. Ao lugar foron mobilizados efectivos sanitarios e da Garda Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.