Por Paisaxe Maltratada - Carlos Coto | Rianxo | 07/10/2014
Os que a ven poden pensar que forma parte do complexo, pero non ten piscina nin tobogán ao seu arredor. So é unha edificación a medio construir, ou a medio destruir. Coa súa licenza -de tela- totalmente caducada.
Nestes casos, como xa teño comentado, so quedan dúas alternativas, sempre iniciativas do Concello ou da Xunta: Ou rematan a edificación ou deberían derrubala para sempre.
Carlos Coto
Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto.
Todos os artigos de Carlos Coto aquí.