Valdeorras sumarase ao 'brinde colectivo' para poñer en valor as D.O. de todo o estado

A acción, enmarcada no 'Día Movemento Viño D.O.', terá lugar o vindeiro 22 de outubro e nela participarán 36 denominacións de orixe a nivel nacional.

Por Galicia Confidencial | Vilamartín de Valdeorras | 09/10/2022 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras súmase ao Día Movemento Viño D.O., que terá lugar o vindeiro 22 de outubro. Trátase dunha acción que naceu en 2017 na que se pon en valor o traballo e a fiabilidade das denominacións de orixe cun brinde colectivo, simultáneo e simbólico.

Imaxe gráfica da acción que promove a Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas.
Imaxe gráfica da acción que promove a Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas.

Nesta sexta edición, e baixo o lema “Denominacións de orixe, territorios sustentables”, volve ao seu formato presencial e farao ao grande, reunindo o maior número de denominacións de orixe vitivinícolas que participaron neste evento ata a data: 36. 

O Movemento Día Viño D.O. celebra así mesmo a decisión de unirse viticultores e adegas para protexer o patrimonio colectivo e contrastado que fai que as uvas e os viños dos territorios amparados sexan únicos e diferentes do resto cunha calidade recoñecida e unida a unha orixe concreta.

SUSTENTABILIDADE

Este ano, ademais, reivindícase que as denominacións de orixe son ferramentas que contribúen á sustentabilidade nos seus territorios cun importante protagonismo de cambio no medio rural. "Son entidades que amosaron a súa resilencia e a súa capacidade de adaptación ao longo dos anos a base de intelixencia colectiva e de asunción de compromisos e responsabilidades coa súa contorna", tal e como se sinala dende a Confederación Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), entidade que promove este evento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta