Por E.P. | VIGO | 10/10/2022 | Actualizada ás 17:54
A Xunta publicou as normas polas que se regulan os sorteos e a venda de permisos de pesca fluvial nos cotos galegos de cara á tempada 2023, polo que as persoas interesadas poderán presentar desde este martes as súas solicitudes, preferentemente por vía telemática, e ata o 28 de outubro.
Tal como informou o Goberno galego, será o 7 de novembro cando se publicará a listaxe provisional e o 21 darase a coñecer a relación definitiva. Como en anos anteriores, realizaranse dous sorteos por provincia: un para os permisos de salmón e outro para os restantes tipos de permisos de pesca. A data prevista para a súa celebración é o 28 de novembro ás 12,00 horas.
As solicitudes deberanse presentar preferiblemente por vía telemática ou a través dos rexistros das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ou calquera rexistro habilitado para tal fin.
As demandas en grupo requirirán dunha persoa responsable que presente unha primeira solicitude na que se identifique a todas as demais persoas. Cada participante só poderá figurar nunha solicitude individual ou en grupo para cada un dos sorteos previstos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.