A Coruña estuda recuperar o voo a Sevilla e sumar "algún destino máis" a nivel europeo

O obxectivo é que o aeroporto de Alvedro dispoña dunha oferta "permanente e constante".

Por E.P. | A CORUÑA | 11/10/2022 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

O concelleiro de Turismo do Concello da Coruña, Juan Ignacio Borrego, avanzou que o Executivo local está a estudar "distintas posibilidades" para recuperar a conexión do aeroporto de Alvedro con Sevilla e formalizar "algún destino máis" a nivel europeo.

O obxectivo do consistorio, segundo explicou, é que o aeródromo herculino dispoña dunha conectividade "permanente e constante, non destemporalizada senón anual". "Presupuestariamente é bastante complexo", puntualizou.

Borrego fixo estas declaracións tras asistir ao acto militar de izado de bandeira ante o Palacio de Capitanía con motivo do Día da Festa Nacional que se celebrará este mércores e a preguntas dos xornalistas sobre a posta á venda dun total de 50.000 prazas para o próximo verán nos voos con Bilbao, Valencia, Málaga e Menorca da compañía Volotea, coa que o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña mantén contrato de promoción da cidade.

"Todo o que sexa encher os voos de persoas que poidan acudir á Coruña e posibilitar que o coruñés conecte fóra de aquí é unha boísima noticia", destacou o concelleiro.

Aeroporto de Alvedro
Aeroporto de Alvedro | Fonte: CONCELLO DE CULLEREDO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta