Baltar demanda máis peso político para os gobernos provinciais

O presidente da Deputación de Ourense mantivo en Bruxelas unha reunión co novo presidente do Comité Europeo das Rexións, Vasco Cordeiro.

Por E.P. | OURENSE | 14/10/2022 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo en Bruxelas unha reunión co novo presidente do Comité Europeo das Rexións, Vasco Cordeiro.

No seu primeiro acto como presidente de Partenalia despois de ser reelixido como líder desta rede europea de gobernos intermedios durante dous anos máis, Manuel Baltar valorou a importancia do "encontro directo, na sede do Comité Europeo das Rexións" entre a directiva da federación e Vasco Cordeiro, o máximo representante da institución comunitaria dos entes administrativos locais.

"Unha reunión de traballo cordial e moi frutífera, na que atopamos a complicidade e o agarimo dun home que coñece perfectamente a organización territorial porque foi presidente da rexión autónoma dos Azores", explicou Baltar. O presidente da Deputación de Ourense e de Partenalia trasladou ao presidente do Comité Europeo das Rexións unha "petición moi clara": a mellora no acceso das administracións provinciais aos fondos europeos.

"A demanda é nítida: abrir ás provincias todos aqueles programas e plans de axudas que neste momento só contemplan aos municipios, tendo en conta a nosa capacidade e xestión dos gobernos supramunicipais", engadiu. Porque as autoridades locais intermedias de Europa, agrumentou, "deben ter tamén a oportunidade de xestionar estes fondos, porque o estamos facendo satisfactoriamente, como o demostramos noutros programas europeos, executándoos á perfección".

Nun comunicado, traslada que puido constatar "a complicidade de Vasco Cordeiro" ante unha reivindicación "seria e completamente rigorosa, que se apoia no coñecemento do territorio, na proximidade á poboación, en coñecer as oportunidades e os retos de cada provincia e en desenvolver a economía de escala que practicamos as entidades supramunicipais cos concellos, suplindo a súa falta de medios para garantir os mellores servizos públicos aos veciños".

Deputación De Ourense Reunión Co Presidente Do Comité Europeo Das Rexións. DEPUTACIÓN DE OURENSE
Deputación De Ourense Reunión Co Presidente Do Comité Europeo Das Rexións. DEPUTACIÓN DE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Hai dez anos estabamos a piques de suprimir as Deputacións por duplicidade administrativa e transferirlle máis fondos aos Concellos e aforrar funcionarios que normalmente non funcionan en absoluto. Agora dende que a Marquesa de Toralla logrou montar unha Administración Paralela en Pontevedra todo son vantaxes e mesmo presumen de xestión eficaz por riba da xestión da Xunta de Galicia ! Repúblicas de Patacón