Denuncian "unha onda" de roubos en establecementos de Noia

Hostaliros piden tanto ás autoridades municipais como aos responsables das forzas de seguridade que "busquen unha solución inmediata".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/10/2022 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

A Asociación Empresarial Hostalaria.gal denunciou "unha onda" de roubos en establecementos asociados do concello coruñés de Noia e na súa comarca. Por iso, piden tanto ás autoridades municipais como aos responsables das forzas de seguridade que "busquen unha solución inmediata".

Rúa do Comercio en Noia
Rúa do Comercio en Noia | Fonte: Luis Miguel Bugallo Sánchez

A asociación asegurou que estes sucesos "causan unha profunda intranquilidade" entre os empresarios e os traballadores dos establecementos afectados.

Así, sinalou que a hostalaría de Noia denuncia que se "sente indefensa" ante a "inseguridade" xerada "por reiterados roubos desde hai meses". Unha circunstancia que, ademais, "ten unha repercusión moi negativa tanto en perdas como á hora de desempeñar con normalidade a actividade".

Ante esta situación, Hostalaria.gal esixiu que se reforce a seguridade, especialmente polas noites, xa que indican que é "cando se produce a maior cantidade dos asaltos aos establecementos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta