Só un 16% do empresariado galego é optimista sobre a situación económica actual

A confianza empresarial cae un 4,1% no cuarto trimestre en Galicia, máis que a media estatal.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/10/2022 | Actualizada ás 10:58

Comparte esta noticia

O indicador de confianza empresarial descendeu un 4,1% no cuarto trimestre en Galicia en relación co trimestre anterior, máis que a caída rexistrada pola media (-2,9%), segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

En comparación cun ano atrás, a confianza empresarial en Galicia experimenta tamén unha diminución, en concreto do 2,24%. En canto ás opinións respecto ao trimestre que comeza (expectativas), foron favorables para un 9,9% dos enquisados, normais para o 63,5% e desfavorables para o 26,6% (saldo negativo de -16,7 puntos).

Respecto da situación, son optimistas o 15,9% dos preguntados, normais o 61,6% e pesimistas o 22,5%, o que arroxa tamén un saldo negativo, pero menos pronunciado (-6,6 puntos).

DATOS ESTATAIS

O Indicador de Confianza Empresarial Harmonizado (ICEA), cuxa publicación corresponde ao Instituto Nacional de Estatística (INE), baixou un 2,9% no cuarto trimestre do ano en relación ao trimestre anterior, en contraste coa subida do 7,5% experimentada nos meses de verán.

O retroceso da confianza empresarial rexistrado no cuarto trimestre débese ao empeoramento tanto do indicador de expectativas como do indicador de situación actual, nun contexto marcado pola guerra en Ucraína, unha elevada taxa de inflación, altos prezos das materias primas e subidas dos tipos de interese.

Confianza empresarial en Galicia. EPDATA
Confianza empresarial en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta