Por gcdeportes | Compostela | 14/10/2014 | Actualizada ás 09:14
“Dende logo que vou ter que repetir, xa que onte dende a saída non ía como quería”. Deixou pasar 24 horas Iván Raña para “algo máis sereo e sen moito teatro” describir as súas sensacións sobre o Mundial Ironman en Hawai, onde o domingo de madrugada (hora galega) rematou 17º cando partía como un dos favoritos. Unha cita que levaba “meses e anos agardando”.
Nas redes socias, escribiu o triatleta ordense a súia visión da proba: “Nadando custoume seguir o grupo, perdín algo de tempo cos de cabeza pero puiden achegarme nos primeiros kms da bici. Ata aí podía ser algo normal, carrera longa, tardas en quentar o motor e normalmente vas a máis. O grupo en bici era de máis de 20 unidades, moi longo. En condicións normais tería que poder estar aí sen moitos problemas, máis aínda coñecendo a carreira. Non foi así, quedeime do grupo de diante en poucos quilómetros”.
Lonxe das súas expectativas iniciais, pensou Iván Raña na retirada? “A cabeza nese intre pódeche xogar malas pasadas, téntache parar. Tentei seguir concentrado, consciente de que perdía moito tempo. E coa esperanza de ver se arrinca o motor. Á volta de Hawii, sabía perfectamente que ía ser un día moi longo. Acabei a bici como puiden, en boxes decidín saír a correr. Rematar a carreira por respeto e por devolver algo á xente que está pendente de ti”.
Aínda así, o galego foi o mellor no maratón: “O meu ritmo nos primeiros kms non era malo. Tentei desconectar, non pensar moito. O mellor para iso é ir a tope ata meta, simplemente dar todo o que tes. Analizar todo e pensar no que fallaches. As sensacións recoñézoas ben, e sempre son iguais cando fago demasiado descanso os días previos. Ese medo a chegar canso, a non estar fresco, saes a competir durmido e sen tono. Agora, a desconectar un pouco para planificar a volta. Algo sempre aprende un dunha carreira así”.
Non fixo Iván Raña un mal tempo na natación (51:56), pero na bicicleta (180 quilómetros) empregou 4:58:10, a case 40 minutos do gañador, o alemán Kienle. O galego apertou no maratón, no que acadou o mellor tempo de todos os participantes: 2:44:38. Principiou no posto 39 e rematou no 17º, cun tempo total de 8:38:59, a 24:41 de Kienle.
“Tocado, pero non afundido”, dixo Iván Raña, quen non perde o humor e añadiu no seu twitter: “Merquei un ukelele para estar un pouco máis ledo despois dun día duro”. Aos seus 35 anos, xa pensa en voltar no 2015 para facelo mellor. Velaquí o vídeo coa interpretackión de Iván Raña: http://instagram.com/p/uFGzd9L3em/
O podio do Mundial estivo formado por Sebastian Kienle (Alemaña) cun tempo de 8:14:18, a prata foi para Ben Hoffman (USA, 8:09:23) e bronce para o alemán Jan Frodeno (8:20:32).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.