É a arte unha ferramenta para normalizar o galego?

Guadi Galego, Xosé Antonio Touriñán, Alba Cid ou Quico Cadaval, entre outros, debaterán sobre esta cuestión, no Consello da Cultura Galega

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2022 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

Guadi Galego, Xosé Antonio Touriñán, Alba Cid ou Quico Cadaval, entre outros, debaterán sobre o poder das artes como unha ferramenta importante para a normalización do idioma galego.

Esta xornada será este xoves no Consello da Cultura Galega (CCG) e forma parte do programa dos XXIV Encontros para a Normalización Lingüística titulados 'Arte e lingua como ferramentas de construción masiva'.

Segundo informou o CCG nun comunicado, a traxectoria anterior dos Encontros permitiulle chegar á edición número 24 "sabendo que o porvir da lingua non se garante" só coa actividade e a dedicación dos sectores como a escola ou a familia. Así, o Consello sinalou que para dar continuidade á lingua galega débese divulgar nos contextos que rodean aos mozos, por iso, este ano o debate céntrase na arte e na cultura.

O PROGRAMA

A sesión do xoves componse de catro palestras. A primeira titúlase 'Palestra arte-llando (teatro, música e danza)' nela abordarán a arte como construtora da nación. A segunda sesión é a 'Palestra arte-facto (cómic, ilustración e muralismo)' será un debate que tratará a colaboración entre disciplinas artísticas para conseguir un maior impacto e analizará as vías de cooperación e coordinación para que a arte e lingua galega teñan maior presenza social.

Ese mesmo día, pero en horario de tarde, celebrarase a 'Palestra anim-arte (humor, circo e artesanía)' no que falarán do benestar emocional, a arte e a lingua e analizarán a idea do poder curativo da arte, tanto a nivel emocional como identitario, así como a importancia do benestar emocional tras do anos de pandemia.

Para finalizar esta xornada terá lugar a 'Palestra arrim-arte (videocreación, cinema e poesía)' na que se fará un achegamento á vangarda actual e rememoraranse os cen anos do manifesto 'Máis alá' de Manuel Antonio.

Mural da cuarta edición do Delas Fest en Teo
Mural da cuarta edición do Delas Fest en Teo | Fonte: Delas Fest

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta