O comercio do metal de Pontevedra baralla unha folga ante a ruptura das negociacións de convenio

Os sindicatos denuncian a actitude de ATRA, unha das dúas asociacións empresariais que participan nas conversacións.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 21/10/2022 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

As centrais sindicais CIG, CC.OO. e UGT, maioritarias no sector do comercio do metal da provincia de Pontevedra, barallan convocar unha folga indefinida a mediados do mes de novembro despois de que a patronal "rompese" as negociacións para renovar o convenio colectivo ao retirar da mesa a última proposta presentada.

Por iso, decenas de traballadores do sector mobilizáronse este venres na avenida de Madrid de Vigo para denunciar a actitude de ATRA, unha das dúas asociacións empresariais que participan nas conversacións, e reclamar así a volta ás negociacións. Os sindicatos convocantes anunciaron ao final da protesta que a semana que vén desenvolverán unha nova mobilización en Camposancos, segundo recolle a CIG nun comunicado.

Ademais, adiantaron a posibilidade de convocar unha folga no sector tras a ruptura das negociacións. O tres sindicatos indicaron que remitiron escritos a todas as empresas nas que teñen representación explicándolles que ocorre como consecuencia da actitude de ATRA.

"Entendemos que todas estas empresas deberán estar representadas porque ATRA está a ocultarlles información sobre a realidade da negociación", lamentou a secretaria nacional de CIG-Servizos, Transi Fernández. A CIG lamentou que a proposta da patronal non incluía subida salarial para 2020 nin 2021, mentres que recollía un incremento do 6,5% para 2022 e un 4% para 2023, sen revisión salarial. Ademais, contemplaba unha redución da xornada anual de oito horas.

"O que pedimos é que a revisión salarial con carácter retroactivo e que a redución da xornada sexa polo menos de oito horas en cada un dos dous últimos anos de vixencia do convenio", explicou Fernández.

Protesta de traballadores do sector do comercio do metal.. CIG
Protesta de traballadores do sector do comercio do metal.. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta