A Coruña, Pontevedra e Lugo centran unha das campañas de reforestación máis grandes de España

A empresa CO2 Revolution quere repoboar o equivalente a 1.100 campos de fútbol.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 24/10/2022 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

A rexeneración dos montes como unha oportunidade para mitigar o impacto do cambio climático é o obxectivo dos novos proxectos de reforestación de CO2 Revolution. A campaña arrinca a finais deste mes de outubro e implica a plantación de 630.000 árbores nunha superficie total de terreo equivalente a 1.100 campos de fútbol. "Todo iso suporá unha absorción de 125.000 toneladas dispoñibles de CO2. Esta cantidade corresponde a retirar da atmosfera o que emitirían aproximadamente 43.000 vehículos novos durante un ano en España", indica a empresa nun comunicado.

Reforestación en montes galegos
Reforestación en montes galegos | Fonte: CO2 revolution

E parte desta campaña terá lugar en montes galegos das provincias de Lugo, Pontevedra e A Coruña. Tamén se repoboarán zonas de Zamora, Cantabria, Teruel, Zaragoza e Almería.

A compañía de reforestación presta os seus servizos a empresas que desexan pór en marcha proxectos de repoboación, así como compensar a súa pegada de carbono e mellorar a súa estratexia ESG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta