Que facer cando che chega ao móbil unha mensaxe de alerta de emerxencias

É un sistema para poder alertar de forma rápida e a gran escala a todos os cidadáns de calquera posible desastre.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 27/10/2022 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

Nos últimos días a Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias anunciou unha campaña de envío masivo de mensaxes a móbiles en lugares concretos de todo o Estado. Trátase dun "ensaio" para poñer en marcha un sistema de alerta en zonas concretas ante situacións de emerxencia.

Mensaxe de Alerta de Emerxencias
Mensaxe de Alerta de Emerxencias | Fonte: EP

En Galicia, a primeira proba vai ser na provincia de Ourense, concretamente, na comarca de Maceda. Os veciños da zona  recibirán unha mensaxe nos móbiles en forma de asubío diferente ao doutras notificacións. E, como hai que facer cando o recibas?

Esta mensaxe de alerta que che chegará ao móbil emitirá un son agudo e mostrará o texto da advertencia. O son seguirá soando e non se deterá ata que ti confirmes que o liches, de forma que se estás lonxe do móbil non poidas perder o aviso de emerxencia porque deixou de soar.

 

 

ALERTA ANTE DESASTRES

 

As alertas, segundo explicaron a Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias, son probas para comprobar o funcionamento do sistema É-Alert, que é un protocolo coñecido tamén como o 112 inverso, e que se despregou en toda España o pasado 21 de xuño.

Este é un sistema co que o Goberno de España vai poder alertar de forma rápida e a gran escala a todos os cidadáns do Estado de calquera posible desastre, como pode ser a erupción dun volcán ou un temporal especialmente perigoso. Polo momento, non ten nada que ver con alertas de ataques nucleares ou relacionadas coa guerra de Ucraína como se puido ler en distintas redes sociais e que causou alarma entre a cidadanía.

A tecnoloxía que se vai a utilizar, segundo apunta a web tecnolóxica Xataca, é a do Cell Broadcast, que lle vai a permitir a Protección Civil usar emisións de radio para facer chegar mensaxes aos móbiles dos usuarios dunha zona concreta. Así pois, se o perigo está nunha zona concreta tamén se poderá avisar aos seus cidadáns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta