Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2022 | Actualizada ás 15:00
"Que Vacaloura faga 10 anos o ano que vén depende de ti. Isto non é unha campaña máis. É un verdadeiro grito de auxilio". Así comeza o comunicado do Santuario Animal Vacaloura no que demandan axuda cidadá para continuar coa actividades tralas desfeitas que causou o último temporal sobre as súas instalacións en Santiago de Compostela.
"A situación é crítica", alertan. "Cos temporais destes días saíu voando o tellado das cabras, inundouse a caseta dos porcos e enlamouse de tal xeito a zona de paso das ovellas cara o terreo grande que quedan enterradas de camiño e tiveron que pasar varios días sen poder saír...", relatan dende Vacaloura, que xa hai dous anos pediron axuda para mercar un novo terreo que finalmente conseguiron grazas ao "enorme apoio" da poboación.
Porén, ese apoio decaeu na segunda parte da campaña na que precisaban fondos para impulsar as obras necesarias e montar as instalacións. "A nós o corazón pésanos cada día un pouco máis e vemos a fin do proxecto á volta da esquina, cando case parecía que saboreabamos a súa estabilidade coa compra do terreo definitivo", lamenta o Santuario Animal.
"Queremos ser positives e seguir loitando ata que non nos queden folgos, pero tampouco queremos que os animais paguen a nosa cabezonaría, eles necesitan ser felices en Vacaloura ou noutro lugar", proseguen. "Por desgraza, tampouco derivalos a outro lugar é fácil, xa que levamos recibindo peticións de axuda doutros refuxios que pechan durante os últimos anos".
Dende Vacaloura lamentan que cada vez os santuarios están "máis saturados" e "máis atados de mans para axudar neses casos". "Non queremos poñérllelo máis difícil aes noses compañeires que tamén loitan por sacar adiante os seus proxectos", aseguran.
Ante esta situación, o Santuario pide á cidadanía que se una ao grupo de teaming Salvar Santuario Vacaloura e que achegue a cantidade dun euro. Con ese diñeiro procuran "crear unha base sólida" que lles permita durante estes primeiros seis meses construír novas instalacións do santuario e manter o refuxio de animais que "cada vez recibe menos doazóns" e que "non ten cartos para remodelar instalacións que rompen" cos temporais.
View this post on Instagram
Noticias relacionadas¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Jennifer, unha vasca moi galega: "Eu non nacín en Galicia, pero Galicia si naceu en min"
- Arden tres coches en Narón tras propagarse o incendio orixinado nun deles
- Evacuado en helicóptero un condutor que chocou contra unha casa en Val do Dubra
- Tenta evitar a caída do seu coche por un terraplén en Teo e resulta ferida leve
- Pablo Ouro, o investigador que chega ao Cesga para abrir unha nova liña de investigación sobre enerxías renovables
- Adxudicada á empresa OHLA a construción do futuro edificio de Farmacia da USC, por 23,43 millóns de euros