Galicia rexistra o outubro máis chuvioso en nove anos, pero aínda non se superou a seca

O décimo mes do ano rexistrou unha temperatura media 17,5, tres graos por encima da media, mentres repuntan os encoros galegos

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/11/2022 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

Galicia viviu este mes de outubro o máis chuvioso no últimos nove anos o que supuxo "un cambio fundamental" para a tendencia de seca que acumulaba a Comunidade galega tras un verán especialmente caloroso e sen precipitacións. Deste xeito, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, confiou en que "se novembro e decembro cumpren a previsión de normalidade" en canto a choivas, "as perspectivas para combater a seca son boas".

Durante a súa visita ás instalacións de Meteogalicia este mércores en Santiago de Compostela, a conselleira destacou que a precipitación media acumulada durante outubro foi un 37 por cento superior ao valor climático normal, chegando aos 226 litros por metro cúbico.

Precisamente, as últimas choivas acumuladas conseguiron, tras varias semanas sen lograr reverter a situación, que a reserva hidráulica galega repunte con respecto á semana anterior. Concretamente, os encoros galegos sitúanse ao 45,9%, máis de tres puntos por encima fronte ao martes 25 de outubro, cando era de 42,2%.

Segundo os datos difundidos polo Ministerio para a Transición Ecolóxica este mércores, a conca de Galicia Costa atópase actualmente 58,35, con 399 hectómetros cúbicos acumulados, por encima dos 353 da mesma semana do ano anterior (aínda que por baixo da medida de 402).

En canto á conca do Miño-Sil, a reserva atópase nun 43,1%, máis de tres puntos por encima do rexistrado a semana pasada. En total, conta con 1.305 hectómetros cúbicos almacenados, case 100 máis que á mesma altura de 2021, aínda que tamén por baixo da media da última década (1.542).

TEMPERATURAS POR ENCIMA DA MEDIA

En canto ás temperaturas deste mes de outubro, a media foi de 17,5 graos centígrados, tres graos por encima da media climática, tal e como tamén informou a conselleira. Así, explicou que isto se debe a que os episodios de choiva chegaron con ventos de compoñente sur que mantiveron os termómetros en valores moi suaves. Nesta liña, Anxos Vázquez puntualizou que no que vai de ano non houbo ningún mes frío e que tan só os meses de marzo, abril e xuño "pódense considerar normais".

UN MILLÓN DE EUROS PARA OBSERVACIÓN

Durante a súa visita, sinalou que a consellería destinará preto de 1 millón de euros para a mellora da rede de observación ambiental, prevención de riscos e análise sectorial de adaptación ao cambio climático. Vázquez aclarou que, entre as actuacións a financiar, está o mantemento de equipos como as estacións da rede da calidade do aire ou das pantallas de información. Ademais, a titular de Medio Ambiente destacou o traballo "excepcional" de Meteogalicia e explicou que terá "un papel importante" para sacar adiante a Lei do clima en 2023.

METEOGALICIA E A EDUCACIÓN

No marco do acto deste mércores ás instalacións de Meteogalicia, a conselleira destacou o labor da entidade para "achegar a información meteorolóxica á cidadanía e afianzar a súa función de servizo público como divulgador".

Ademais, Vázquez explicou que máis de 1.500 estudantes galegos participarán, antes de que termine o ano, nas actividades formativas que organiza a entidade e que buscan concienciar sobre o clima.

A conselleira de Medio, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, este mércores nas instalacións de Meteogalicia. CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
A conselleira de Medio, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, este mércores nas instalacións de Meteogalicia. CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta