A conmemoración do centenario do constructor da patria galega arrinca xa en febreiro

Serán tres xornadas que "revisitarán" a figura do intelectual galego e "profundarán" no legado do que foi o primeiro presidente da institución.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2022 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega arrincará en febreiro de 2023 a celebración do centenario do falecemento de Manuel Murguía con tres xornadas que "revisitarán" a figura do intelectual galego e "profundarán" no legado do que foi o primeiro presidente da institución. Figura fundamental no denominado como Rexurdimento, Murguía é considerado o "construtor" da nacionalidade galega, tal e como lembra a RAG nun comunicado.

As xornadas, que se celebrarán os días 2, 9 e 16 de febreiro de 2023 na Coruña, Santiago de Compostela e Padrón, virarán ao redor de tres eixos: Murguía e as institucións, Murguía e a idea de Galicia, e a relación entre a literatura e a nación.

Os encontros contarán, entre outros relatores, co académico Xosé Luís Axeitos, a académica Ana Romeu Masiá, o deseñador Pepe Varro, a biógrafa de Rosalía, María Xesús Lama, a investigadora Ana Acuña, o politólogo Ramón Maiz, o historiador Xusto Beramendi e o académico de número, director da Sección de Historia da RAG, Ramón Villares.

Manuel Murguía. RAG
Manuel Murguía. RAG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta