Persoal da planta de residuos de Nostián maniféstase en demanda dun convenio "digno"

Denunciou que o persoal leva cos salarios conxelados desde o ano 2012 e coas condicións laborais e sociais "recortadas" desde a caída do convenio colectivo o 1 de xaneiro de 2020.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/11/2022 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

Persoal da planta de tratamento de residuos de Nostián (xestionada pola UTE Albada) manifestouse, desde as oficinas da Concellaría de Medio Ambiente, en Casa da auga, ata a praza de María Pita, en demanda dun convenio colectivo "digno" e para reclamarlle ao Concello da Coruña que publique "dunha vez" os pregos para o novo contrato.

O presidente do comité, Hadrián Canosa, denunciou que o persoal leva cos salarios conxelados desde o ano 2012 e coas condicións laborais e sociais "recortadas" desde a caída do convenio colectivo o 1 de xaneiro de 2020. Tamén acusou á empresa de "dilatar as negociacións para deixar sen efecto o convenio, aproveitándose das facilidades da reforma laboral do PP".

"A empresa non ten vontade real de negociar", manifestou o presidente do comité que se mostrou, no entanto, confiado en que lles digan "algo" na reunión da mesa que está convocada para o próximo 17 de novembro.

Na protesta, pediuse, ademais, ao goberno local "axilidade" na publicación dos pregos da nova concesión, ao estar a UTE Albada en situación de prórroga forzosa desde xaneiro de 2020.

Asemblea de traballadores da planta de tratamento de lixos de Nostián / CIG / Europa Press
Asemblea de traballadores da planta de tratamento de lixos de Nostián / CIG / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta