Vinte locais de hostalaría de Ferrol ofrecerán "tapas inéditas" a un prezo de tres euros

Forma parte do concurso 'Tapéate' e estarán dispoñibles ata o 20 de novembro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2022 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

Unha vitena de locais de hostalaría de Ferrol participan desde este xoves ata o próximo 20 de novembro no concurso 'Tapéate', que cumpre a súa novena edición en 2022. O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, participou na presentación da iniciativa, organizada polo concello en colaboración coa Asociación de Empresarios de Hostalaría de Ferrol e Comarcas.

O rexedor expresou que o obxectivo do concurso é "desestacionalizar a actividade" da hostalaría nunha época na que "a actividade nestes negocios adoita descender". Nesta ocasión participan 21 locais, seis máis que o pasado ano, que ofrecerán tapas inéditas a un prezo taxado de tres euros.

RECUPERACIÓN

"Dá gusto pasear por Ferrol e comprobar todas as iniciativas que están a xurdir por parte deste sector, que sufriu de maneira particular as consecuencias da pandemia", detallou o alcalde desta cidade.

Un xurado determinará o tres tapas finalistas, con premios de 500, 400 e 300 euros para o gañador, segundo clasificado e terceiro. Ademais, haberá outro premio de 300 euros para a mellor tapa segundo o criterio do público. Pola súa banda, os clientes que participen no concurso poderán participar no sorteo de bonos turísticos para gozar en Ferrol.

Unha vintena de locais de hostalaría de Ferrol participan estes días nun concurso de tapas a un prezo de tres euros. CONCELLO DE FERROL
Unha vintena de locais de hostalaría de Ferrol participan estes días nun concurso de tapas a un prezo de tres euros. CONCELLO DE FERROL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta