A Federación Nacional de Confrarías confía en que a xustiza europea tombe o veto á pesca de fondo

Sobre un posible encarecemento do peixe para Nadal, o patrón maior de Burela asegurou que é "moi pronto" para avanzar como serán os prezos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2022 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

A Federación Nacional de Confrarías de Pescadores confía en que a xustiza europea acepte o recurso do Goberno central e tombe o veto á pesca de fondo imposto pola Unión Europea. Este martes, o presidente da federación e patrón maior do porto de Burela (Lugo), Basilio Otero, expresou así a súa confianza en que salga adiante o recurso a esta prohibición.

"Foi un recurso que o propio Goberno dixo que primeiro ía mirar se tiña visos de prosperar e que, se non, non o presentaba. Presentouno e tardou en presentalo, co cal entendemos que o fundamentou ben fundamentado", celebrou.

Basilio Otero apelou a que espera que o recurso "teña cabida na xustiza europea, tendo en conta que a xustiza europea é diferente. "Non ten que ver coa xustiza española e espero que iso nos axude", asegurou

CAMPAÑA DE NADAL

Sobre un posible encarecemento do peixe para Nadal, o patrón maior de Burela asegurou que é "moi pronto" para avanzar como serán os prezos. No entanto, si que chamou a atención sobre unha "diminución nas capturas" tras o veto de Bruxelas, algo que, con todo, Otero sostén que "non encareceu o peixe".

"De aquí a nadal non é o momento de dicir si se vai a encarecer porque tamén depende dos temporais que poida haber. Hai moitos factores externos, ademais do veto", resolveu. Otero estimou que a redución de capturas rolda "o cincuenta por cento". "Non é redución no mesmo tempo que antes, se antes botabas doce ou catorce días de marea, agora botas 17 ou 18 e traes menos pescado", subliñou.

Basilio Otero tamén anunciou que o vindeiro venres haberá unha reunión do sector co comisario europeo, que impuxo que a pesca de fondo a 400 metros está prohibida en 87 zonas do Atlántico Nororiental.

Barcos no Porto de Viveiro, a 3 de outubro de 2022, en Viveiro, Lugo.. Carlos Castro - Europa Press
Barcos no Porto de Viveiro, a 3 de outubro de 2022, en Viveiro, Lugo.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta