A TVG lanza unha serie baseada nunha obra dunha escritora crítica coa normalización

A Coruña foi onte a cidade escollida para a presentación dunha nova produción participada pola Televisión de Galicia, “Hotel Almirante”, inspirada na novela homónima da autora lucense Marta Rivera de la Cruz. Curiosamente esta escritora é unha das intelectuais galegas máis activas contra as políticas normalización e a Lei fixa que unha das funcións básicas da TVG, é precisamente, promover o idioma propio.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 31/10/2014 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

A rodaxe, que comezou o 27 de outubro, conducirá ao equipo desta produción durante cinco semanas por distintas localizacións da cidade da Coruña e de Lugo.

Rivera de la Cruz nunha imaxe da Wikipedia
Rivera de la Cruz nunha imaxe da Wikipedia

O acto ante os medios, organizado pola TVG e por Formato Producciones no IES Eusebio da Guarda, contou coa participación da directora xerente da TVG, Rosa Vilas; da coordinadora de política audiovisual da Agadic, Dolores Meijomín; do presidente do Clúster Audiovisual Galego e produtor executivo da miniserie, Andrés Barbé, e dos actores Fernando Tato e Rosalía Castro. Tras a presentación, os asistentes puideron acudir á gravación de “Hotel Almirante”, que se concentra durante toda a xornada neste centro de ensino.

A trama de “Hotel Almirante” comeza coa aparición do cadáver dunha moza na habitación do hotel rexentado por Rosalía Leal. As primeiras evidencias da policía confirman que se trata dun suicidio, pero a publicación no xornal dunha carta da falecida, implica sentimentalmente a Javier, pertencente aos Aldao, unha poderosa familia da cidade. Este suceso e o regreso de Javier Aldao á localidade van desencadear un torbellino de sentimentos na protagonista. 

Antonio Cuadri dirixe a un elenco de actores e actrices galegos, entre os que se atopan Ana Turpin, Fernando Tato, Rosalía Castro, Xoque Carbajal e Mariana Expósito. A produción de “Hotel Almirante”, integrado por un equipo de máis de 40 persoas, atrapará aos espectadores coa variedade de ingredientes que lles ofrece: recrea a sociedade dunha cidade imaxinaria Ribanova na métade do século XX, desenvolve a fonda historia do hotel e mantén a intriga desde o comezo mesturándoa coa narración dunha apaixonante historia de amor.

Rivera de la Cruz apoiou en varias ocasións os argumentos de Galicia Bilingüe, organización que reclama a derogación inmediata del Decreto 124/2007, que regulab a Lei 3/1983 de normalización lingüística no ensino. Malia isto, a Xunta, gobernada polo PPdeG, escolleuna tamén para colaborar nos actos de homenaxe a Rosalía, o que lle valeu as críticas do BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

7 Anti Ejpanhistan

Estas mer das ejpañolas queren chuchar do teto do orzamento público até o derradeiro momento.

6 todo pola PPasta

Ha ha ha, para isto si que queren subvencións os vil-lingües, eh? Se chegan escoller unha novela escrita en AGAL ou no Acordo Ortográfico xa estarían coa maquinaria facendo propaganda, pero como a escollida é unha novela en castellano dunha adepta ao seu chiringuito, aí si que saen a defendela.

5 Milhomes

Pois mira que se montan unha teleserie coas memorias de Bautista Álvarez...

4 Xuntaletras

A Alfonso Paso do réxime PPaifocas.

3 anonimo

enhorabuena a marta rivera ajo y agua a los de siempre

1 GloryLake of course

Congratulation Martha River Said of the Cross. Estos jallejeros intolerantes siempre ladrando su anger by the corners. Boorish jallejeros take a café con leche with some gotas of burning water. Bilingual forever and ever