Nova morte con Covid-19 en Galicia e aumento dos hospitalizados, con catro persoas máis na UCI

Os casos activos soben lixeiramente, ata os 1.723, nunha xornada con 186 positivos novos na Comunidade

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2022 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou este mércores unha nova morte dunha paciente diagnosticada de covid-19. Trátase dunha muller de 92 anos da área sanitaria de Ferrol que padecía patoloxías previas e que faleceu o luns. Con ela, a listaxe oficial de óbitos que deixa a pandemia en Galicia ascende a 3.956.

Mentres tanto, de acordo cos datos publicados este mércores polo Sergas, actualizados ás 18,00 do martes, os hospitalizados con covid en toda Galicia subiron en 11, ata os 187 en total: 177 en planta --sete máis que hai un día-- e 10 en unidades de coidados intensivos --catro máis--.

A da Coruña-Cee é a área que máis ingresados contabiliza, con 52 (+6), seguida da de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, que contabiliza 34 (+4), e da de Santiago-Barbanza, con 29 en total (+6). En todas elas, a cifra de hospitalizados ascendeu nas últimas horas.

Pola contra, os ingresados con covid descenderon na de Pontevedra-O Salnés a 20 (-1), na de Lugo-A Mariña-Monforte a 19 (-1) e na de Ferrol a 14 (-3). Mentres tanto, na área de Vigo mantéñense en 20.

Todo iso nunha xornada con 1.723 casos activos de covid-19, o que implica unha pequena subida de 15 en 24 horas. A área con máis pacientes segue sendo a de Ourense con 395, que son 25 máis que hai un día. Tamén ascenderon na área de Santiago, a 270 (+5), na de Lugo, a 235 (+16), e en Vigo, a 254 (+8).

Con todo, baixaron na área da Coruña, ata 284 (-12); na de Pontevedra, a 138 (-12); e na de Ferrol, a 143 (-15). Os casos activos sen distrito sanitario asignado seguen en catro, sen variación.

O Sergas computa este mércores outros 186 positivos novos en covid-19 detectados nas últimas 24 horas. Boa parte deles (51) correspóndense coa área de Ourense. Séguenlle Vigo (35), Santiago (30), Lugo (27), A Coruña (26), Ferrol (10) e Pontevedra (7).

Un traballador da limpeza varre as inmediacións das Urxencias dun hospital galego / Carlos Castro - Europa Press - Arquivo / Europa Press
Un traballador da limpeza varre as inmediacións das Urxencias dun hospital galego / Carlos Castro - Europa Press - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta