A expulsión do PSOE dos concelleiros en Sada está "máis que xustificada" segundo González Formoso

O secretario xeral do PSdeG, insistiu en que o seu partido "non é un exército" mais si ten "os seus propios valores e principios".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2022 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, ve "máis que xustificada" a expulsión, por agora provisional, dos dous concelleiros socialistas de Sada que apoian a moción de censura contra o alcalde, Benito Portela, que se debaterá este venres.

Nunha rolda de prensa ofrecida este xoves desde a sede do PSdeG en Santiago de Compostela, ao ser preguntado respecto diso, Formoso explicou que estes dous edís decidiron seguir adiante con esta moción de censura "á marxe das directrices da dirección política" do Partido Socialista.

Aínda que insistiu en que o PSdeG-PSOE "non é un exército", si ten "os seus propios valores e principios", xunto "a encomenda dos seus militantes de que eses principios se materialicen de forma honrada, acordada coa sociedade e lexítima".

"Os dous concelleiros en Sada non actuaron así e, por tanto, está máis que xustificada esta áxil expulsión", sentenciou Valentín González Formoso. Por agora, trátase dunha decisión provisional adoptada tras unha resolución de Ferraz.

E é que os dous edís do PSOE e o cinco do PP --aos que tamén se lles abriu un expediente disciplinario-- apoian a moción de censura promovida polos que ata hai uns días eran concelleiros de Alternativa dos Veciños e que formaban parte do goberno municipal, integrado por Sadamaioría, formación á que pertence o rexedor, e BNG.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en rolda de prensa.. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en rolda de prensa.. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta