Sobrecusto de 88 millóns nos investimentos comprometidos para a planta de Alcoa en San Cibrao

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 17/11/2022 | Actualizada ás 15:48

Comparte esta noticia

Alcoa informou ao comité de empresa de San Cibrao dunha "desviación" con respecto aos investimentos previstos na planta de 78 millóns, sen contar cos 10 que se corresponden coa subestación illada de gas (GIS).

Nunha reunión este xoves para abordar a actualización do acordo, as partes acordaron que a multinacional faga unha nova convocatoria para renegociar estas novas condicións.

Segundo o presidente do comité, José Antonio Zan, o "diñeiro a maiores" son 78 millóns "sen contar os 10 millóns que se van a gastar no GIS, que xa está aprobada".

"Tamén están aprobadas as mesas de coada de fundición e só quédannos dous proxectos por aprobar, con desviacións bastante grandes", segundo advirte Zan.

Neste senso, apunta ás barras de compensación, que pasan de 12 a 18 millóns de custo, e ao forno de cocción, "que pasaría a custar uns 109 millóns, segundo nos di Alcoa".

O FORNO, PARA O PRIMEIRO TRIMESTRE DE 2025

"Esta gran desviación do forno de cocción tamén sería en tempo. Non chegaría para o 1 de xaneiro de 2024. Están a falar do primeiro trimestre de 2025", destacou.

En calquera caso, engadiu que "esta desviación non afectaría ao rearranque". "Iso segue firme e para nós é fundamental", subliñou o presidente do comité.

Para a próxima reunión haberá sobre a mesa "unha proposta para negociar" e para o comité é "importante" que se inclúa á planta de alúmina. "Sentarémonos a ver que propostas pon sobre a mesa e veremos se hai un acordo ou non", concluíu Zan.

Planta de Alcoa en San Cibrao
Planta de Alcoa en San Cibrao | Fonte: Janet González

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta