“La salud como negocio”

Nos próximos días vai sair á rúa o libro “La salud como negocio”. Plantexouse inicialmente como unha traducción do volume publicado en galego na primavera de 2012, pero a realidade sanitaria mudou de tal xeito neste tempo –a peor- que o que ve agora a luz é un libro novo, con novos textos que analizan a realidade de hoxe, moi diferente á de hai dous anos.

Por Pablo Vaamonde | A Coruña | 05/11/2014

Comparte esta noticia

-Esta obra constitúe unha lúcida e valente acción en defensa da cidadanía. A este combate contra a tiranía contribúe, no laboratorio das ideas e na práctica da denuncia valente, este libro, unha obra colectiva dun grupo de profesionais comprometidos na defensa da sanidade pública.Xosé Manuel Beiras.

-Este libro é un dos mellores documentos que se publicaron en España sobre o que está ocorrendo na sanidade pública. É unha mina de información. Escrito dun xeito ameno, fácil de ler e comprender, conxuga paixón e compromiso pola xustiza social cun gran rigor e credibilidade na súa documentación. É, sen dúbida, un libro que se converterá nun punto de referencia para todos aqueles movementos sociais que loitan para conseguir un mundo e unha sanidade mellores. Debería ser unha lectura obligatoria nas institucións de ensino do país.Vicenç Navarro.

-Desde a época de Thatcher e Reagan, a ideoloxía neoliberal partiu da base de que é necesario adelgazar o Estado e facer que sexan as persoas as que individualmente asuman os riscos da súa vida, tamén da súa saúde. Os seus seguidores propugnan o desmantelamento dos sistemas de benestar e promoven un modelo de sociedade onde o mercado asume a totalidade da provisión de bens e servizos, polo que o acceso aos mesmos está mediatizado pola capacidade económica de cada persoa.Marciano Sánchez Bayle.

-Na «axenda oculta» do Partido Popular había un obxectivo principal: ocupar o poder para desmontar desde dentro, como troianos, o estado de benestar, construído nas últimas décadas con tanto esforzo e que constitúe un elemento básico para garantir a cohesión social e a igualdade de oportunidades. Pero a facción ultraliberal que nos goberna non cre na igualdade das persoas e desconfía do sector público. Agora están executando os seus plans sen disimulo, sen que lles importe o sufrimento provocado. Non é certo que non se poida soster o Estado de benestar. O profesor Navarro recorda que España gasta neste terreo menos do que podería: «O PIB per capita é o 94% de promedio dos países da UE-15, mentres que o gasto público social é só do 72% de promedio». Pero o PP, no canto de intentar aumentar os ingresos, opta por reducir o gasto para que adelgace o peso do Estado. Así deixan máis espazo para o negocio aos grupos empresariais afines.Pablo Vaamonde García.

-O proceso privatizador da Sanidade, impulsado polo Partido Popular, está sendo executado, utilizando diversas fómulas, en toda a xeografía do Estado. Neste libro analizamos as actuacións realizadas en tres comunidades autónomas (Madrid, Valencia e Galicia) polo seu carácter paradigmático. Os métodos utilizados son similares aos usados nas demais autonomías.María Luisa Lores Aguín.

-Recorrer á colaboración público-privada (PFI) é unha modalidade, para financiar e xestionar os servizos públicos con capital privado, posta en práctica en Reino Unido e Alemania á calor das políticas neoliberales. Galicia foi pioneira na aplicación das estratexias neoliberais na Sanidade. O Partido Popular utilizou as súas maiorías absolutas nesta comunidade autónoma como laboratorio para experimentar coa privatización dos servizos sanitarios públicos.Manuel Martín García.

-Cando o 27 de xaneiro de 2014 se produce a comparecencia do presidente da Comunidade de Madrid co conselleiro de Sanidade Fernández Lasquetty e anuncian a dimisión deste e a paralización dos procesos de privatización total de seis hospitais semiprivados e dos centros de saúde da Comunidade de Madrid, todo o mundo o viviu como un éxito das mobilizacións da coñecida como «Marea Branca».Sergio Fernández Ruíz.

-“La salud como negocio” é un libro de combate e divulgación, que pretende denunciar o que están facendo os gobernantes coa nosa sanidade: executan un implacable desmantelamento do sistema público para xerar espazos de negocio. Este proceso é de tal magnitude que pode deixar aos nosos sucesores sen a protección sanitaria que tanto custou construír ás xeracións precedentes e a nós mesmos.Os autoreshttp://pablovaamonde.blogspot.com.es/

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Pablo Vaamonde Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.